top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Deputación de Pontevedra ultima o prazo para solicitar os máis de 200 obradoiros de +Xuntas

O programa provincial de formación para as mulleres da provincia ofrecerá accións centradas na tecnoloxía, a creatividade, a natureza e a saúde


Laura Moure/Xeral

A Deputación de Pontevedra remata o próximo luns 13 de xaneiro o prazo para que as entidades de mulleres da provincia soliciten algunha das máis de 200 formacións enmarcadas no programa provincial +Xuntas. Con este programa, a institución provincial busca mellorar a formación básica das mulleres e as súas condicións de vida, promover a súa autonomía individual, así como crear redes de apoio para impulsar a participación activa, a sororidade e a xeración de vínculos entre as participantes.

As entidades poden solicitar algún dos 26 obradoiros ofertados, distribuídos en catro áreas temáticas: +Tecnoloxía (de alfabetización dixital, socialización e administración de redes sociais e administración electrónica), +Creatividade (pintura, teatro, encontros con lectoras, patchwork, personalización de álbums e artesanía en coiro), +Natura (plantas medicinais, conservación de alimentos, xardinería, hortas ecolóxicas e arte floral) e +Saúde (ioga, pilates, taichí, ximnasia hipopresiva, menopausa de forma saudable, autocoidado, autoestima e comunicación asertiva, musicoterapia, risoterapia e atención plena). En total ofreceranse 207 obradoiros, polo que se poderán beneficiar 207 entidades.



Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O programa +Xuntas conta cun orzamento superior aos 323.000 euros, e en cada formación poderán participar grupos de entre 20 e 25 persoas, segundo a especialidade. Terán unha duración de 35 horas e todos eles incluirán un módulo específico de sensibilización sobre igualdade, ademais de estar integrada de xeito transversal en todos os contidos.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page