top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Deputación de Pontevedra adxudica traballos de conservación de firmes en viais por 3,1 millóns de €

Entre estas figuran estradas de Lalín, Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces e Silleda



Ecos da Comarca/Deza

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar contratos contemplados no Acordo Marco para a conservación de firmes nas estradas provinciais que permitirán actuar en 50 vías de 40 concellos da provincia. O investimento ascenderá a un total de 3,1 millóns de euros e as actuacións desenvolveranse en algo máis de 290 quilómetros dos máis de 1.600 da rede viaria provincial.

“Impórtanos a seguridade das nosas veciñas e veciños e gobernamos para mellorar a súa calidade de vida –explicou o presidente provincial Luis López- e, para facelo, é prioritario ter as estradas provinciais, que vertebran todo o noso territorio, en perfectas condicións”.


En canto aos traballos que se realizarán, por unha banda, nalgunhas estradas vaise proceder ao fresado do firme para despois repoñer a capa de rodadura e, pola outra, noutras executarase unha capa de microaglomerado en frío. Ademais, procederase á reposición da sinalización horizontal en todas as actuacións nas que sexa necesario.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

En total, nos concellos de Lalín, Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces, vanse realizar traballos por importe de 649.940 € en seis estradas provinciais; nos concellos de Silleda, A Estrada, Cerdedo-Cotobade e Forcarei, executaranse obras en oito estradas por un importe de 873.281 €;  en Pontevedra, Vilaboa, Ponte Caldelas, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Barro, Poio, Cangas, Moaña, Marín, Bueu, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Soutomaior, Moraña e Campo Lameiro as obras serán en  23 viarios e ascenderán aos 873.693 €; e, en Salceda de Caselas, Ponteareas, Mondariz, Mondariz-Balneario, A Cañiza, Covelo e Crecente realizaranse traballos por un importe de 724.406 € nun total de 13 estradas provinciais.

0 comentarios

Komentáře


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page