O orzamento para esta actuación ascende a 154.417 euros e o prazo de execución será de dous meses
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou onte a licitación das obras para o afirmado do camiño perimetral do Parque Central de Galicia que a Deputación impulsa na parroquia de Nugallás de Antas de Ulla. O orzamento para esta actuación ascende a 154.417,77€ e o prazo de execución será de dous meses.
Os traballos contemplan o movemento de terras, a drenaxe, afirmado, estendido de aglomerado en quente e sinalización mediante o pintado de marcas reflexivas brancas.
Publicidade
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, sinalou que as obras do Parque Central -nas que a Deputación de Lugo inviste 1,3M€- “avanzan a bo ritmo”. Informou que están rematadas as soleiras do parque infantil e os camiños secundarios; ademais o edificio multiusos está levantado a media altura; está executado o pozo de auga e a depuradora para o saneamento.
Comments