top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Deputación da Coruña impulsa un novo programa de envellecemento activo e loita contra a soidade

Supón un investimento de 226.000 euros e vai destinado aos concellos de menos de 5.000 como Boimorto, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e O Pino


Laura Moure/C.de Arzúa/Terra de Melide

A Deputación da Coruña financia con 226.0000 euros un novo programa para apoiar aos concellos rurais máis pequenos da provincia, aqueles que teñen menos de 5.000 habitantes, na implantación de actividades de envellecemento activo e plans de loita contra a soidade non desexada destinados ás persoas maiores.


O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, detallou que a iniciativa "xorde tras detectar, no marco do Plan de Acción de Servizos Sociais da Deputación, a necesidade de implementar medidas que contribúan a fomentar a actividade física, o benestar e a evitar a soidade non desexada das persoas maiores, especialmente nos municipios máis pequenos e rurais da provincia, onde hai unha poboación máis envellecida".

Formoso incidiu en que o novo programa "complementa a importante acción social que estamos desenvolvendo desde a Deputación pensando especialmente nas persoas maiores, como as máis de 400.000 horas anuais de servizo de axuda no fogar que financiamos cos concellos, o programa piloto de residencias de maiores baseado nun modelo de cercanía e completamente innovador que estamos desenvolvendo, ou o servizo de Teleasistencia, que acompaña 24 horas ao día e 365 días ao ano a máis de 4.000 persoas maiores", apuntou.


Pola súa banda, a deputada de Política Social, Mar García Vidal, explicou que "na Deputación levamos a cabo hai uns anos un programa piloto de loita contra a soidade non desexada en concellos como Vimianzo, Ortigueira ou Muros e agora damos un paso máis, tratando de estender estas accións a todos os concellos de menos de 5.000 habitantes que as demanden". "Son programas necesarios, que permiten aos maiores socializar e manterse activos, evitando o illamento que detectamos especialmente en entornos rurais", afirmou a deputada.


Este novo programa de envellecemento activo e loita contra a soidade non desexada supón un investimento de 226.000 euros e vai destinado aos concellos de menos de 5.000 habitantes da provincia, que recibirán ata 6.733 euros da Deputación para financiar actividades para a prevención do deterioro físico, mental e cognitivo, actividades interxeneracionais ou de voluntariado, actividades que fomenten a saúde e a calidade das persoas maiores ou plans de loita contra a soidade non desexada.


A concesión definitiva do programa publicouse no BOP do 11 de outubro:


Publicidade

Concellos beneficiarios do programa:

  • Concello da Baña 6.733,71€

  • Concello das Somozas 2.700,00€

  • Concello de Aranga 6.733,71€

  • Concello de Boimorto 6.733,71€

  • Concello de Boqueixón 6.242,43€

  • Concello de Cabana de Bergantiños 6.733,71€

  • Concello de Cabanas 6.733,71€

  • Concello de Cariño 6.733,71€

  • Concello de Carnota 6.733,71€

  • Concello de Cerdido 6.733,71€

  • Concello de Coiros 6.733,71€

  • Concello de Corcubión 6.733,71€

  • Concello de Curtis 6.733,71€

  • Concello de Dodro 6.733,71€

  • Concello de Dumbría 6.733,71€

  • Concello de Fisterra 6.704,50€

  • Concello de Frades 6.733,71€

  • Concello de Laxe 6.733,71€

  • Concello de Lousame 6.733,71€

  • Concello de Mañón 6.733,71€

  • Concello de Mazaricos 6.733,71€

  • Concello de Mesía 6.733,71€

  • Concello de Monfero 6.733,71€

  • Concello de Muxía 6.700,00€

  • Concello de Paderne 6.733,71€

  • Concello de Rois 6.733,71€

  • Concello de Santiso 6.733,71€

  • Concello de Sobrado Dos Monxes 5.060,00€

  • Concello de Toques 6.700,00€

  • Concello de Touro 6.733,71€

  • Concello de Trazo 6.733,71€

  • Concello de Val Do Dubra 6.733,71€

  • Concello de Vilarmaior 6.733,71€

  • Concello de Vilasantar 4.350,00€

  • Concello do Pino 5.752,44€


Número de solicitudes concedidas: 35

Total concedido 226.019,54

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page