Laura Moure/Agolada
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 2,6 millóns de euros para que nove concellos da provincia impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente ao abeiro da liña 1 e 2 do Plan +Provincia. En concreto, benefícianse destes recursos Agolada, Barro, Bueu, Gondomar, Marín, Meaño, Pontecesures, Sanxenxo e Soutomaior. O presidente provincial, Luis López, asegurou que o goberno provincial segue “tendendo pontes cos concellos e avanzando no reparto de fondos do Plan +Provincia: este ano xa aprobamos 22,4 M € dun total de 48,2 M€ dos que está dotado este programa para transformar a vida das veciñas e veciños dos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”.
No marco da liña 1, de investimentos, a Xunta de Goberno aprobou 2,5 millóns de euros para Agolada, Barro, Bueu, Gondomar, Meaño, Pontecesures, Sanxenxo e Soutomaior. Desta maneira, Bueu contará con 543.633 € para a ampliación das redes de abastecemento e saneamento na zona de Bon de Abaixo (462.035 €) e para a pavimentación dun camiño en Beluso (81.598 €); Meaño recibirá 423.336 € para a fase 1 da execución da cuberta e acondicionamento da pista deportiva de Dena; Agolada beneficiarase de 413.358 € para a mellora de camiños de titularidade municipal con firme de asfalto; Sanxenxo contará con 336.017 € para a humanización do camiño do Castro-Dorrón; Soutomaior recibirá 170.148 € para a mellora da accesibilidade e a urbanización da praza de Arcade de Riba; Pontecesures beneficiarase de 148.602 € para a reurbanización de camiño da Toxa; e Barro contará con 110.242 € para obras de pavimentación en Portela e Agudelo.
Publicidade
No caso de Gondomar, as obras que se executarán nese concello serán financiadas ao 100% pola Deputación grazas a outros mecanismos provinciais. Desta maneira, o investimento nesta vila será de preto de 1,2 millóns de euros para o acondicionamento da praza Manuel Alonso, a Alameda. Destes recursos, 925.994 € proveñen do PON2030 e 272.353 do Plan +Provincia.
Ademais destes recursos, tamén se aprobaron outros 91.657 euros para que Gondomar poida pavimentar e canalizar pluviais en Gándara, Peiteiros.
Publicidade
Pola súa banda, con respecto á liña 2, de gasto corrente, o presidente provincial informou que a Xunta de Goberno da Deputación acaba de aprobar 92.000 € para o concello de Marín, para que poida impulsar a Festa Corsaria (á que a institución provincial destinará 67.341 €) e o Samaín Briz (24.981 €).
Comments