top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Deputación concede a Rodeiro uns 120.000 euros para a contratación temporal de 12 persoas

Ecos da Comarca/Rodeiro

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou novos recursos para a activación do emprego na provincia, concretamente nos concellos de Rodeiro e Vilanova de Arousa, aos que destinará preto de 280.000 euros para a contratación dun total de 22 persoas. “O emprego é un dos nosos obxectivos prioritarios, e queremos que a cidadanía da provincia, viva onde viva, teña oportunidades”, asegurou o presidente da Deputación, Luis López.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Desta maneira, o Concello de Rodeiro recibe algo máis de 120.000 euros para poder proceder á contratación temporal de 12 persoas para desempeñar diferentes postos, coma educadoras ou educadores sociais, peóns de obras públicas, traballadoras ou traballadores sociais, técnicas ou técnicos de educación infantil etc., con contratos dunha duración de entre 6 e 11 meses.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, no caso do Concello de Vilanova de Arousa o orzamento destinado é próximo aos 160.000 euros, o que lle permitirá á corporación municipal formalizar a contratación de 10 persoas entre chofer-tractorista, albaneis, persoal de limpeza, mantedores de edificios, fontaneiras ou fontaneiros e guías de turismo. Mentres que algúns dos contratos serán de seis meses, o resto terán unha duración de 10.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page