Ecos da Comarca/Vila de Cruces
A cruceña Nerea Pampín proclamouse Campiona de España nos 68 kg de Loita Libre Feminina.
"Nerea volve revalidar o título de Campiona de España dos 68 kg. Atópase nun momento de forma excelente, facendo unha competición sen erros e contra rivales de nivel da súa categoría, como Campionas de España noutros pesos en anos anteriores. Esta tempada acadou medallas internacionales tanto en Francia como en Suecia nos torneos de preparación que fixemos e seguiremos preparando co obxetivo do Gran Premio de España no mes de xullo e o Campionato do Mundo en outubro", resalta o Club De Loita Keltoi Cruces.
"Moitos parabéns por este novo título de Campiona de España Sénior que xa é o teu quinto nesta categoría absoluta, despois dos incontables nas categorías previas. Forza Nerea!!!", recalca o clube cruceño.
Dende o equipo de ECOS DA COMARCA: Parabéns!!
留言