top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Cooperativa O Rodo de Rodeiro celebra a súa cea anual

Ecos da Comarca/Rodeiro

O director xeral de Gandaría,Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou este venres pola noitena cea anual da Cooperativa O Rodo, radicada no concello de Rodeiro, na que todos os cooperativistas se xuntaron para poñer en valor o seu traballo. Tamén estiveron o presidente da Deputación de Pontevedra e exalcalde de Rodeiro, Luis López, o mandatario rodeirense, José Luis Camiñas ou o tenente de alcalde, Alberte Lamazares, entre outras personalidades.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A adaptación ás novas tecnoloxías e a falta de relevo xeracional son os grandes retos aos

que se enfronta o sector primario e a Xunta está a traballar para superalos. Nos

orzamentos do 2024 destinaranse máis de 83 millóns de euros para accións que permitirán

afondar na competitividade e a remuda xeracional.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

No agro, en concreto, destacan as axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios, que contarán cun novo investimento de 32,6 millóns -2 millóns máis que en 2023-, ou os 16 millóns para favorecer a incorporación de mozos á actividade.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page