top of page

A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición sobre o Matemático de Bermés (Lalín)

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Foi o primeiro científico galego internacional


Ecos da Comarca/Lalín

A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición “José Rodríguez. O Matemático de Bermés”(Lalín), que, logo de pasar con enorme éxito pola cidade de Santiago e o Concello de Lalín, recala agora enMadrid, onde permanecerá ata o 28 de febreiro. Esta mostra enmárcase dentro dos actos de homenaxe da Real Academia Galega de Ciencias ao Científico Galego de 2024. A exposición realízase en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; a Universidade deSantiago; o Consello da Cultura Galega; e o Concello de Lalín.


Esta iniciativa completarase cunha conferencia do catedrático da USC Francisco Díaz-Fierros o vindeiro 17 de febreiro. Ao acto de inauguración asistiron o presidente da RAGC, Juan Lema; o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Manuel Vila; o académico da RAGC e catedrático da Universidade de Santiago Juan José Nieto; ademais do director da Casa de Galicia en Madrid, Luís Ramos. Na súa intervención, Ramos destacou que "dous séculos despois, recuperamos a memoria do primeiro científico galego que tivo unha dimensión internacional".

O matemático José Rodríguez (Bermés, Lalín, 1770 – Santiago de Compostela, 1824) foi un adiantado da súa época, o primeiro científico galego en alcanzar unha dimensión internacional, cun perfil liberal e modernizador. Ademais de matemático, interesouse pola

xeodesia, a astronomía, a cristalografía e a mineraloxía; mantendo contactos cos científicos

europeos de referencia en cada unha destas disciplinas. Nesta exposición, que abrangue

unha visión moi completa deste persoeiro, pódese albiscar a súa enorme relevancia.

A mostra divídese en 8 ámbitos, onde se recolle cronoloxicamente a súa vida e actividade.


Este neno labrego de Lalín converteuse en catedrático de Matemáticas na USC. Logo

trasladouse a París, onde estudou Astronomía e Altas Matemáticas. Participou na expedición internacional que permitiu definir o metro como unidade de medida. Tamén estudou en Inglaterra e regresou a Galicia como catedrático de Matemáticas Sublimes na USC, sendo profesor de Domingo Fontán. De seguido trasládase a Alemaña e posteriormente volve a París, momento no que mercou e remitiu instrumentos científicos para a Universidade de Santiago e para o seu discípulo Fontán.


No eido da Astronomía, foi profesor e tamén dirixiu o Observatorio de Madrid. Foi deputado por Galicia e implicouse na creación dunha Universidad Central, xerme da actual Universidad Complutense de Madrid. Así mesmo, realizou calendarios agrícolas para Galicia e Asturias. Pasou os derradeiros meses da súa vida en Santiago, onde faleceu en 1824 e foi soterrado na igrexa de Santo Agostiño.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Observatorio Astronómico Nacional cedeu un círculo de Borda, empregado para medir o arco do meridiano entre Dunkerque e Barcelona, o que permitiu asignar unha lonxitude ao metro. Como bens materiais, Rodríguez deixou libros, mapas, algúns instrumentos científicos e coleccións de mineraloxía que se expoñen nesta mostra, enviados na súa maioría polo matemático á Universidade de Santiago por consideralos fundamentais para “la enseñanza pública”. É o caso dun metro patrón de latón de 1817, subdividido en milímetros, traído polo homenaxeado desde París e que se garda na facultade de Física da USC. Así mesmo, pode admirarse o teodolito que Domingo Fontán empregou para realizar a Carta Xeométrica de Galicia e que na actualidade se atopa na facultade de Xeografía e Historia da USC.


O abade René Haüy, considerado o fundador da cristalografía, regaloulle unha colección de 1024 modelos cristalográficos feitos en madeira de pereira, que se conserva no Museo de Historia Natural da USC, unha selección da cal se exhibe nesta exposición. Esta colección acrecentou o interese dos científicos pola cristalografía e contribuíu a que a Universidade compostelá tivese a primeira cátedra de España nesa ciencia.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Entre o material cedido por outras institucións, destaca unha maqueta do Observatorio Astronómico Nacional (Madrid) e un círculo de Borda -tamén do OAN-, empregado no século XVIII para medir o arco do meridiano entre Dunkerque e Barcelona, o que permitiu asignar unha lonxitude ao metro. Por outro lado, o Colexio Pío XII de Santiago colabora cedendo o seu planetario.


Ademais de edicións antigas de material bibliográfico diverso, a mostra reúne unha serie de documentos orixinais vencellados ao Matemático Rodríguez como a súa acta de nacemento ou o seu título de Bacharel en Filosofía, cartas redactadas por el mesmo, entre outros. Inclúe así mesmo dous vídeos, un sobre a súa vida e traxectoria e outro de carácter pedagóxico -elaborado polo Consello da Cultura Galega- sobre a medición do meridiano que fixo posible establecer o metro como unidade de medida. O Concello de Lalín realizou un folleto ilustrado e un podcast sobre a vida do científico, recursos accesibles tamén nesta mostra. A exposición péchase cunha biografía do homenaxeado, realizada polo astrónomo Ramón María Aller, o seu primeiro biógrafo.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page