top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Bandeira Verde xa loce na fachada da Casa do Concello de Silleda

O goberno local vén de izar o distintivo xunto ao resto de bandeiras oficiais na sede municipal


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda loce xa a Bandeira Verde de Galicia, un distintivo outorgado pola Administración autonómica que recoñece o compromiso co medio ambiente e a protección da paisaxe do municipio. Membros do goberno local, encabezados pola alcaldesa, Paula Fernández, e o concelleiro de Transición Ecolóxica, Manuel Requeijo, izaron a bandeira que se entregou a pasada semana a un total de 24 municipios galegos.

Silleda, é xunto con Sanxenxo e A Illa, (que renovaron a distinción) o único da provincia de Pontevedra que acadou neste ano a Bandeira Verde. Con este recoñecemento, o Concello de Silleda poderá acadar maiores puntuacións en distintas convocatorias de axudas, ademais de seguir consolidando o seu compromiso co medio e avanzar no cumprimento da Axenda 2030. “Con esta nova distinción ábrense novas oportunidades para seguir avanzando en políticas de sustentabilidade e protección do entorno natural, mellorando a calidade de vida da nosa veciñanza”, indica a alcaldesa, Paula Fernández.


Publicidade

Así mesmo, tamén nesta mesma semana, o Concello de Silleda recibiu por parte do proxecto EC4 Rural, financiado polo programa europeo LIFE e que ten como principal obxectivo contribuir á transición enerxética nas comunidades rurais, o recoñecemento que acredita ao muunicipio como participante no proceso de enerxías limpas controladas polas comunidades locais.


Publicidade

O programa EC4Rural reune a 10 entidades que forman un consorcio multidisciplinar ubicado en 3 paises da UE (España, Estonia e Bélxica), liderado pola Universidade de Vigo. A través deste proxecto, o Concello de Silleda xa sentou as bases para a creación da que será a primeira comunidade enerxética local do municipio, apostando pola enerxía solar.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page