top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue anima a doar sangue co gallo das datas festivas

ADOS chama á cidadanía a participar nas campañas de doazón de sangue ao longo do ano pero, especialmente, nestas xornadas previas á festividade do día 1 de novembro


Ecos da Comarca/Xeral

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) lembra a necesidade de doar sangue sempre nas xornadas inmediatamente anteriores ou posteriores ás pontes festivas, como sucede esta fin de semana coa conmemoración do 1 de novembro. Neste sentido, ADOS recorda que, todos os días do ano, precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue para cubrir axeitadamente as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos nosos centros sanitarios.

Así mesmo, desde a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue anímase a doar sangue a todos os galegos e galegas, xa que as inclemencias meteorolóxicas propias desta estación do ano poden menoscabar a participación da cidadanía.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Para iso, lembra que as unidades móbiles da ADOS efectuarán os seguintes desprazamentos: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/006673/axencia-doazon-organos-sangue-anima-doar-sangue-gallo-das-datas-festivas 


Nas comarcas está hoxe en Melide e o xoves, en Boimorto.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

ADOS lembra que o chamamento á colaboración da cidadanía é xeneralizado aínda que esta semana precísase incrementar a participación dos grupos A Negativo e B Negativo.


Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page