A Asociación Gandeiras e Gandeiros (Elas Eles) presenta unha serie de alternativas a Altri
- ecosdacomarca
- hace 7 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A directiva da Asociación Gandeiras e Gandeiros (Elas Eles) considera "unha inseguridade para o sector a debilidade que amosa a conselleira respecto a defensa do sector gandeiro tras innumerables enganos e mentiras cometidos pola empresa Altri". Ante isto, o colectivo traslada unha serie de alternativas.

Vantaxes comparativas da priorización do proxecto “Elas@Eles” :
"1. Sinerxías Sectorial: o proxecto integra dixitalización, trazabilidade e economía circular, cun ROI estimado do 9,2% en comparación con 4,5 % de ALTRI.
2. Resiliencia climática: a modernización das explotacións reduce as emisións de metano reducindo o transporte, o uso e fertilizantes químicos, fronte o aumento do 12% da pegada de carbono que suporía ALTRI.
3. Distribución equitativa: o 62% dos beneficios van directamente aos produtores mediante contratos de venda a prezo xusto, garantido, fronte ao modelo extractivo de ALTRI.
Publicidade
Recomendación estratéxica :
Priorizar os próximos fondos A xeración na industrialización leiteira permitiría:
• Mellorar procesado de leite local (do 64% ao 85%).
• Brecha de prezos ao produtor a 1,8 céntimos/L (aproximándose ao 95 % da media nacional).
• Disparador 4,7 € de valor engadido por cada euro investido, fronte aos 1,2 € estimados dos proxectos de celulosa".
Publicidade
"A alternativa ALTRI presenta riscos sistémicos: o seu modelo de uso intensivo de recursos e baixo valor engadido, contradí os obxectivos da transición ecolóxica, ademais de xerar fracturas sociais irreparables", recalca a asociación.
Comments