top of page

A 50ª Festa do Queixo de Arzúa fai historia cun récord de asistencia e unha edición inesquecible

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Durante toda a fin de semana, máis de 50.000 persoas visitaron esta cita


Laura Moure/Arzúa

A 50ª edición da Festa do Queixo de Arzúa superou todas as expectativas e pasará á historia como a máis multitudinaria ata o momento. Durante toda a fin de semana, máis de 50.000 persoas visitaron Arzúa para celebrar esta edición tan especial, convertendo a vila no gran punto de encontro da gastronomía e da cultura galega.


A gran cantidade de visitantes, chegados de toda Galiza e de outros lugares, fixo que

moitos postos de queixo así como do novo espazo gourmet doutros produtos esgotasen os seus produtos xa o sábado e a primeira hora do domingo superando así as súas expectativas, deixando patente o enorme éxito de vendas, a falta das enquisas oficiais que

realizará a organización. A nova zona do espazo de artesanía foi outra das grandes

protagonistas desta edición, cunha acollida espectacular que puxo en valor o traballo

artesanal e a creación local.

Outro dos momentos destacados foi o Concurso de Petiscos, que acadou unha das maiores afluencias de público da súa historia. Bares e establecementos de Arzúa

sumáronse a esta iniciativa gastronómica, ofrecendo propostas innovadoras e exquisitas que fixeron as delicias dos asistentes. A implicación da hostalaría local e a resposta do

público converteron esta edición do concurso nun auténtico éxito.


Pero se algo marcou esta Festa do Queixo foi a súa aposta por ser un evento inclusivo e pensado para todas as idades. O Pequequeixo, espazo dedicado aos máis pequenos, contou cunha participación masiva, consolidándose como un dos grandes atractivos do

festival. Ademais, por primeira vez, púxose en marcha o Espazo Concilia, unha iniciativa

que garantiu que as familias puidesen desfrutar da festa con comodidade e tranquilidade.


A música foi outro dos grandes piares deste éxito rotundo. Máis de 12.000 persoas

asistiron aos concertos ao longo da fin de semana, gozando das actuacións de Capital

Voskov, Mondra, The Rapants, Xoel López, Cariño, O Son de Arzúa, Xisco Feijoó ou Os

Melidaos. A praza do Concello converteuse nunha auténtica festa, con milleiros de persoas

entregadas a cada actuación e un ambiente inigualable.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O alcalde de Arzúa, Xesús Carril, valora esta edición como un fito histórico para a vila: “O

que vivimos esta fin de semana foi extraordinario. A Festa do Queixo sempre foi un

referente en Galiza, pero nesta 50a edición superamos todas as expectativas. O récord de

asistencia, o éxito dos postos de queixo e da artesanía, a resposta masiva ao Concurso de

Petiscos e aos concertos demostran que esta festa está máis viva ca nunca. Queremos que toda a xente que nos visitou saiba que esta sempre será a súa casa, e xa estamos

traballando para que a próxima edición siga facendo historia.”


Esta 50ª edición non só bateu récords de asistencia, senón que tamén reforzou a identidade e o espírito dunha festa que, despois de medio século, segue a medrar e a

reinventarse. A organización agradece a todos os asistentes, expositores, artistas e

colaboradores que fixeron posible este éxito rotundo e xa traballa na próxima edición, coa

ambición de seguir facendo historia.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page