Laura Moure/Xeral
Hoxe imos de voda! Como cada 2 de febreiro celébrase o Día da Candeloria ou das Candeas sendo tamén o día no que din que os paxaros se casan!
Ademais, polo día de hoxe, o cura aproveita para bendecir as candeas que os feligreses levan. Despois xa as traen benditas para a casa para facer calquera tipo de ofrenda no momento que o desexen.
Publicidade
Así mesmo, esta festa, de orixe celta, anunciaba a chegada da primavera e a volta das aves migratorias. Son moitos os ditos populares que falan desta festividade: Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar; Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra, se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.
Publicidade
Tamén hoxe é o chamado Día da Marmota. Durante esta xornada os granxeiros de Estados Unidos e Canadá usan un método folclórico para predicir o fin do inverno, baseado no comportamento dunha marmota cando sae de hibernar o 2 de febreiro.
Publicidade
Segundo a crenza, se ao saír do seu tobo este animal non ve a súa sombra por ser un día nubrado, deixará o tobo, o cal significa que o inverno terminará pronto. Pola contra, se a marmota ve a súa sombra por ser un día de sol e métese de novo no tobo, iso significa que o inverno durará seis semanas máis.
Comments