FEIRA DE OPORTUNIDADES DE MONTERROSO
vie, 11 abr
|Monterroso


Horario e localización
11 abr 2025, 9:30 – 12 abr 2025, 20:30
Monterroso, Monterroso, Lugo, España
Sobre o evento
O Concello de Monterroso organiza unha nova Feira de Oportunidades os días 11 e 12 de abril. Unha decena de comercios súmanse á Feira de Oportunidades que se vai celebrar en Monterroso os días 11 e 12 de abril co obxectivo de incentivar e potenciar o consumo na vila.
O Concello de Monterroso fará un sorteo de 480 euros repartidos en vales de compra nos negocios participantes por importe de 30 euros cada un.
O sorteo realizarase o 14 de abril ás 10:00 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela e será retransmitido polas redes sociais oficiais do Concello de Monterroso. Os establecementos participantes son: MARISA FLORISTERÍA, DIVINA FLORISTERÍA, LUCÍA AROMAS, MERCERÍA CASA GASEOSAS, MARTON SPORT, CRIS ABAD, CALZADOS MONTERROSO, MODA TRISCOS, OTERO MODA, MODAS RAMOS.