ADEGA - Actividades de custodia do Sobreiral do Arnego en Carmoega - Concello de Agolada (Pontevedra)
mié, 17 mar
|Pontevedra
A asociación continuará coa restauración dun dos valados de pedra e completará a instalación de caixas para morcegos
Horario e localización
17 mar 2021, 15:00
Pontevedra, Carmoega, 36524, Pontevedra, España
Sobre o evento
A Asociación Ecolóxica Adega ten programada varias iniciativas para os vindeiros días. Entre elas, o mércores 17, retomará as actividades do proxecto de custodia do territorio do Sobreiral do Arnego. Desta volta continuará coa restauración dun dos valados de pedra da parcela custodiada Zarra da Pena. Cabe lembrar que Adega ten un acordo de Custodia do Territorio neste espazo, situado na parroquia de Carmoega (Agolada), dende o 21 de marzo de 2016.
Inscricións
Ambas actividades están previstas que arranquen ás 10:30 horas, e tras o xantar, sobre ás 15:00 horas os participantes poderán desfrutar dunha ruta por esta zona. Son gratuítas, pero é necesario inscribirse previamente. As persoas interesadas poden facelo a través do correo ramses@adega.gal ou dos teléfonos 981 570 099 ou 616 238 050.