top of page
Ecos_da_Comarca_neg_2024.png
Copia de ¡TU Anuncio!.gif

A NOSA HISTORIA

​

O xornalismo é imprescindible e máis necesario ca nunca. Claro está que nesta época de pandemia a transparencia de datos e información pídese a voces. Sen embargo, o oficio de informar vai mudando cos tempos e o soporte dixital é o futuro.

É precisamente cando irrompe o coronavirus en todo o mundo cando xorde a idea de ECOS DA COMARCA. Nace a pasos pequenos, pero firmes. É unha web dixital que vai desde o rural para o mundo na que se fará eco das novas de distintas comarcas de Galicia porque aquí hai cabida para todos.

​

Este espazo dixital recollerá noticias institucionais, locais, reportaxes, entrevistas de actualidade e de personalidade... e tamén haberá un espazo para dar voz a peticións veciñais, para publicar ofertas e demandas de emprego e a sección axenda, na que se dará conta das datas de eventos de distinta índole. Ademais, a emigración tamén será un dos nosos temas, xa que emigrantes e inmigrantes poderán contar a súa historia.

Ir, ver e contar é unha das máximas do xornalismo e aquí tamén convidamos a que nos avisedes de todo aquilo que queirades transmitir, sempre desde o máximo respecto e por suposto, sen importar a cor política.

​

Sobre min

Non sempre é fácil falar dunha mesma, pero a idea é que lle poñades cara a este proxecto, e esa é a miña. Son Laura Moure Miguélez, de Agolada, licenciada en Xornalismo e realicei o Máster en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Desempeñei a miña labor en distintos ámbitos como televisión, radio, prensa escrita, revistas, gabinetes institucionais ou presentei distintos eventos en directo, polo que me encanta ir mellorando e adaptarme a novos postos e sobre todo, a ilusión e as ganas non me faltan para iniciar este proxecto.

​

Así mesmo, son consciente de que cando decides ser xornalista tes que intentar aceptar as críticas e non sempre son todas construtivas, pero somos persoas e tamén aprendemos dos erros. Aquí comezo unha nova andaina profesional. Agardo facelo o mellor posible e que ECOS DA COMARCA sexa un medio de comunicación que alcance a información de calidade.

Gracias a todos os que me apoiades desde sempre, familia e amigos, e en especial ao meu compañeiro de vida porque foron os seus ánimos e insistencia os que me deron folgos para arrancar este espazo web.

​

​

Comezamos...

​

​

​

​

​

​

​

IRS.gif
bottom of page