top of page

"Silleda é o concello que máis medra en poboación da comarca e niso ter que ver a xestión do goberno

O alcalde e candidato socialista á Alcaldía de Silleda, Manuel Cuiña, repasou os logros da lexislatura nun auditorio desbordado de público, con preto dun millar de asistentes


Ecos da Comarca/Silleda

No auditorio Semana Verde, o máis grande da comarca, abarrotado de público ( e no que foi preciso reforzar con sillas), presentou hoxe a súa candidatura á Alcaldía de Silleda, Manuel Cuiña Fernández. Arroupado polo secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín Formoso, apresidenta da Deputación, Carmela Silva, e o secretario provincial do PSdeG, David Regades, Cuiña fixo balance da xestión do goberno municipal nesta lexislatura, marcada tamén pola pandemia e a crise enerxética.


Comezou a súa intervención polas principais actuacións dun urbanismo sostible, con obras

como a humanización de Chousa Nova, o entorno da residencia ou a Rúa Progreso, “que

hoxe fan de Silleda un modelo e referente a seguir”. Ademais de citar actuacións en marcha como a dotación de luz no mosteiro de Carboeiro, a nova casa consistorial, ou as sendas dende a N-525 ata Toiriz, tamén se referiu ao investimento histórico en infraestruturas do rural, co Plan Concellos da Deputación, institución á que agradeceu “o seu apoio, por levar moitas das actuacións o seu selo”, na persoa da súa presidenta, Carmela Silva.

“Fomos quen de darlle a volta á difícil situación económica que tiña este Concello dende 2007, cando chegamos ao goberno", sinala o actual mandatario

Apoiándose en fotografías e en titulares de prensa, Cuiña nunha intervención marcada

pola cercanía co público, tamén repasou a xestión do seu executivo durante a pandemia,

na que “a primeira actuación foi destinar 500.000 euros en axudas a todos os establecementos e empresas que tiveron que parar cando o virus nos colleu a todos por

sopresa”, engadiu. “Fomos quen de darlle a volta á difícil situación económica que tiña este Concello dende 2007, cando chegamos ao goberno. E pasamos de ser un dos máis endebedados a ter remantentes, ca sinxela receita de non gastar máis do que se

ten. ¡Que tería sido de Silleda se isto nos pilla hai 20 anos cando este Concello estaba en

quiebra!”, indicou o alcalde e candidato socialista sobre o feito de ter agora remanentes cos que axudar ás empresas e autónomos ca chegada da pandemia, durante

a que tamén se puxeron en marcha programas como a campaña ConSUMa en Silleda,

Cóidame -de atención á infancia a domicilio, ou o programa cultural MoVEMOS Silleda.

“Silleda é hoxe un referente, un modelo a seguir en moitos ámbitos. Ahí están a residencia de maiores pola que siguen preguntando moitos concellos ou a Rede de Calor con Biomasa, a primeira e única público- privada de Galicia, e que nos permitirá en breve ter unha piscina climatizada por ter garantido un aforro do 60% en enerxía comparado con outras instalacións”.


O potencial en Turismo, sendo Silleda o municipio da comarca con máis prazas hostaleiras (752 en total), no ámbito cultural – cas bandas e grupos de música e baile como grandes embaixadores- ou a considerable mellora nas infraestruturas deportivas destes últimos 4 anos, foron outras das reseñas realizadas por Cuiña durante a súa presentación. “Pero ademáis do que se ve, do tanxible, aí está a outra xestión: a económica que nos permitiu decir adiós ao Plan de Axuste pese a ter que pagar aínda débedas herdadas neste

mandato como a de Sogama e Indeza; a regularización da plantilla municipal sendo os

primeiros da comarca en estabilizar a 36 traballadores e traballadoras, a municipalización do SAF, sen deixar de prestar o servizo nin un só día, ou o PXOM que suporá un antes e un despois para o noso municipio”.

“E toda esta xestión nos leva a ser o municipio no que máis emprego se crea e o único que medra demográficamente nestes últimos anos na comarca, con varios años consecutivos gañando en pobación”, remarcou, rematando a presentación advertindo que Silleda é hoxe o municipio ca poboación de maior proporción de xóvenes da comarca. Por eles, por nós, e porque temos futuro, e porque queremos seguir cumprindo como ata agora, temos que seguir facendo estas políticas e medrando como ata agora”, rematou.


A secretaria xeral dos socialistas silledenses, Paula Fernández Pena, abriu o acto agradecendo a presenza dos colectivos silledenses e remarcando, ademais da labor feita nos últimos 16 anos de xestión, dous grandes eixos para o futuro: a xestión de fondos europeos a través do Plan de Transformación e Resilencia do Goberno, “ámbito no que Silleda está entre os mellores concellos de todo o Estado” e a aprobación do PXOM.


No acto interviron tamén a presidenta da Deputación Carmela Silva, quen destacou a

transformación de Silleda nos últimos anos, o secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín G. Formoso, e o secretario dos socialistas de Pontevedra, David Regades, quen

avanzou tamén como Delgado de Zona Franca de Vigo, a dotación dunha área industrial para Silleda a través desta entidade.






0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page