top of page
Foto del escritorLaura Moure

Comeza en Silleda a campaña de recollida de plásticos agrícola a semana do 22

Para solicitar este servizo hai que chamar ao número gratuíto 900 909 744 antes do día 19


Laura Moure/Silleda

Dende o luns 22 ata o venres 26 estarase levando a cabo a campaña de recollida de plásticos agrícolas e invernadoiros, un servizo gratuíto para as explotacións do municipio de Silleda, sendo esta a primeira fase que se fai ao ano.

A campaña, organizada dende os departamentos de Transición Ecolóxica e Medio Rural está sendo executada por parte do programa Silleda Sostible. Esta recollida de plásticos realízase en Silleda dúas veces ao ano, en primavera e no outono. Esta iniciativa, que se realiza en Silleda dende hai xa máis de 15 anos, é todo un éxito, cunha retirada moi significativa destes elementos contaminantes.


Publicidade

Lémbrase tamén que as persoas interesadas en dispoñer deste servizo poden chamar ao número 900 909 744, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Deben indicar nome, enderezo, teléfono e ubicación dos plásticos. Así mesmo, só se recollerán plásticos agrícolas e de invernadoiro, que hai que evitar metelos en sacas big-bag que dificultan o proceso de reciclado e que estes fardos deberán ter a menor suciedade posible. Non poderán conter outras materias impropias como garrafas, fíos de empacar, rodas, tubaxes de PVC, e ser depositados nun lugar libre de obstáculos, coma árbores, maquinaria etc. para facilitar a retirada.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page