top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Atropelan a un menor en Melide

Ecos da Comarca/Melide

Esta tarde rexistrouse un atropelo a un menor en Melide. O suceso ocorreu sobre as 19:15 horas.

Foto de arquivo.

O 112 Galicia foi alertado por Urxencias Sanitarias. O suceso ocorreu na Rúa de Galicia á altura do número 28, tal e como informa o 112. "Os servizos sanitarios indicáronos que o menor estaba ferido, pero non atrapado e que xa había unha ambulancia no lugar", sinala o 112.


Con estes datos, pasaron aviso á Policía Local, a Protección Civil de Melide e tamén se informou aos Bombeiros de Arzúa.

"Dende o lugar infórmanos os voluntarios de Protección Civil de que o neno ía ser trasladado ao PAC (Punto de Atención Continuada) por unha ambulancia e ao parecer con feridas de carácter leve", puntualiza o 112.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page